CONCURSO DE WEBSERIES

O concurso de webseries inclusivas do Festival de Cine Inclusivo de Vigo seleccionou nesta edición: «Adegas da memoria», «Cosas de chicxs», «Lisa» e «Spiderman e eu». Podedes decidir a webserie gañadora, votando polo que máis vos guste do 7 de outubro, a partir das 14 horas, ata o 20 de outubro, día no que remata o voto do público ás 14.00 horas.

Adegas da memoria

Os episodios de “Adegas da Memoria” parten dos veciños e veciñas de Vilachá para indagar no pasado e presente da Ribeira Sacra cun ritmo pausado e unha estética cuidada, todo acompañado pola poética voz de Olga Novo.

Lisa

Chega o día máis esperado para unha rapaza extraordinaria, Lisa, cando entra na Universidade. Para ela, unha rapaza con TEA, enfrontarse á vida universitaria pode ser como subir ao Dragon Khan.

Cosas de chicxs

Serie sobre os Dereitos Humanos na nenez e a adolescencia dirixida a un público principalmente infanto-juvenil en idades escolares.

Spiderman e eu

A vida dun neno con TEA desde un punto de vista persoal. O seu mundo interior, a súa contorna, as súas motivacións, os seus intereses, o seu talento…
É unha reflexión para entender as diferenzas e que, ao fin e ao cabo todos somos únicos e extraordinarios. Con iso, preténdese concienciar e dar visibilidade ao autismo.

VOTA POR TU WEBSERIE FAVORITA
X