Chelo Loureiro presentará Valentina no Festival de Cine Inclusivo de Vigo
A gañadora do Goya Chelo Loureiro presentará Valentina no Festival de Cine Inclusivo O festival inclúe dous pases de Valentina, un para escolas e outro adaptado para persoas con Autismo O sábado 22 pola mañá o Museo MARCO acolle unha sesión de curtas de animación...
O Festival de Cine Inclusivo de Vigo presenta a súa VII edición.
O artista gráfico Sr. Reny é o autor do cartel da sétima edición do Festival de Cine Inclusivo dedicado ás adiccións O festival, que se celebra do 18 ao 22 deste mes, presenta o seu cartel. A asociación Érguete participará nunha actividade para escolas sobre a...
O Festival de Cine Inclusivo de Vigo abre o prazo de recepción de curtametraxes, longametraxes, webseries e documentais ata o 30 de xuño
A VII edición, organizada pola asociación AGAIN, celebrarase do 18 ao 22 de outubro. A Asociación Galega Audiovisual Inclusiva ( AGAIN) organiza o VII Festival Internacional de Cinema Inclusivo de Vigo, co obxectivo de dar a coñecer, apoiar e valorar proxectos...
Facer visible o invisible
O cinema como espazo de encontro entre o espectador e as realidades ignoradas ou descoñecidas que nos rodean no noso día a día
DOCUMENTAIS
Seccións de documentais de temática inclusiva que visibilizan a diversidade na sociedade. Na primeira edición, a sección centrouse na diversidade funcional abríndose, pouco a pouco, a todo tipo de realidades como a da diversidade sexual, cultural ou xeracional.
Listado De Documentais 2022
VIG-IN DOC. DOCUMENTAIS INTERNACIONAIS POLA INCLUSIÓN
-Alborada (2022) de Javier Álvarez e Helena Ocampo
-La palabra maldita (2021) de Javier Álvarez Solís
-Norte Salvaje (2021) de Paula Iglesias, Marta Gómez e Ana Serna
-Onde máis doe (2022) de Manane Rodríguez
SHORT-IN DOC. CURTAS DOCUMENTAIS
-10 anos de Discamino (2019) de Víctor Bello
-Apache (2021) de Octavio Guerra
-Caballo de espuma (2022) de Juanjo Rueda
-O niño dos paxaros (2021) de Lucía Estévez
-Tatuados nos ollos levamos o pouso (2022) de Diana Toucedo
-Trazos del Alma (2021) de Rafa Arroyo
CURTAMETRAXES
O Festival de curtametraxes foi a primeira sección da mostra na que se buscaba facer accesibles obras audiovisuais curtas. Achegándoas ao público en xeral e ás persoas con dificultades auditivas a través do subtitulado como para as persoas con dificultades visuais coa Audiodescrición. Desta maneira, trabállase para conseguir que o cinema chegue a novos públicos. En 2021, amplíase o número de curtametraxes seleccionadas creando novas seccións.
Listado De Curtametraxes 2022
-36 (2021) de Ana Lambarri
-A entrevista (2022) de Fernando Tato e Susana Sampedro
-Ayúdame (2022) de Cristian Beteta
-Au pair (2021) de David Pérez Sañudo
-Devoradora de nenos (2022) de Fran X. Rodríguez
-Farrucas (2021) de Ian De la Rosa
-.Imbécil (2022) de Roberto Cano López
-Intentando (2021) de Juan Manuel Montilla
-InvICTUS (2022) de Keven González
-Kellys (2022) de Javier Fesser
-La entrega (2022) de Pedro Díaz
-Mi condición (2021) de Coke Arijo
-Nocturno (2021) de Manuel Néctor Ortega
-Sorda (2021) de Nuria Muñoz y Eva Libertad
-Valienta, mujer (2021) de Marc Vilalta
-Vecinooo (2020) de Paco León
-Votamos (2021) de Santiago Requejo
-X-small (2022) de Alba Gutiérrez
Sección para público infantil
-Operación Frankestein (2022). J. María Fernández de la Vega
-La primavera siempre vuelve (2021) de Alicia Núñez
-Life & butterflies (2021) de Pablo Reigada
-Skydome (2022) de Ana Juesas y Adolfo Aliaga
-Bulit escucha la naturaleza (2021) de Mikel Urmeneta y Juanjo Elordi
-Loop (2020) de Pablo Polledri
-El paraguas (2022) de Christopher Sánchez Martín
COÑECE! SECCIÓN DE ESCUELAS
Sección dedicada a que os estudantes das escolas reflexionen a través do cine sobre realidades que malia estar todos os días en contacto con elas non comprenden ou non repararon nelas. Desta maneira, a sección intenta previr comportamentos excluíntes nas escolas como o acoso, a non integración do alumnado con necesidades especiais ou a incomprensión da diversidade.
LONGAMETRAXES DE FICCIÓN
O Festival abre en 2020 unha sección competitiva de longametraxes de ficción con temática inclusiva para reflictir a a diversidade da nosa sociedade. Desde o inicio do Festival houbo sempre proxeccións de películas. O primeiro ano o filme foi «Cinco puntos sobre Emma» de Roberto Pérez Toledo, primeiro director nomeado a un Goya que visitou o Festival; na segunda edición «100 metros»; na terceira, «Campeones» de Javier Fesser ao que acompañaron na presentación o seu produtor Luis Manso e os actores, Alberto Nieto e Sergio Olmos e na cuarta, o filme «Sordo» de Alfonso Cortés-Cavanillas. Na quinta edición converteuse nunha sección competitiva cos filmes: Bailando entre a néboa, Cuerdas e Remember me.
Listado De LONGAmetraxes DE FICCIÓN 2022
-A diente de perro (2021) de José Luis Estañ
-Mi vacío y yo (2022) de Adrián Silvestre
-Valentina (2021) de Chelo Loureiro
WEBSERIES
Desde a I edición o Festival de Cine Inclusivo de Vigo deulle un espazo á presentación de webseries inclusivas con charlas cos seus creadores. Na V edición ábrese unha sección competitiva para seguir apoiando os creadores que apostan por Internet como unha fiestra aberta na que chegar ao público.
Listado De WEBSERIES 2022
-Adegas da memoria de Iago Seoane e Rudá Cordaro
-Cosas de chicxs de Mariano Pozzi
-Lisa de Ingrid Santos e Raquel Barrera
-Spiderman e eu de Manuel Villar Paniagua
OS NOSOS PATROCINADORES
colaboradores