A VII edición, organizada pola asociación AGAIN, celebrarase do 18 ao 22 de outubro.
A Asociación Galega Audiovisual Inclusiva ( AGAIN) organiza o VII Festival Internacional de Cinema Inclusivo de Vigo, co obxectivo de dar a coñecer, apoiar e valorar proxectos cinematográficos realizados por e para a inclusión, a igualdade e a difusión universal da sétima arte.
Ábrese o prazo de admisión de curtametraxes, longametraxes de ficción, documentais e webseries desde o 12 de abril ao 30 de xuño de 2022. A temática das curtametraxes étotalmente libre, podendo ser tanto de ficción como de non-ficción. No caso dos documentais, as longametraxes de ficción e as webseries a temática virará ao redor da inclusión co obxectivo de visibilizar todos aqueles proxectos que toquen de maneira substancial a diversidade funcional, sexual, xeracional, económica ou cultural e o que a rodea.
A duración máxima das obras presentadas será de 25 minutos no caso das curtametraxes e de 180 minutos cando se trate de documentais e longametraxes de ficción (títulos de crédito incluídos en ambos os casos). A inscrición é gratuíta. As obras que se presenten serían realizadas e/ou estreadas preferiblemente con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2021. As bases pódense consultar na web do Festival, onde os interesados poden inscribirse para participar.

X