O artista gráfico Sr. Reny é o autor do cartel da sétima edición do Festival de Cine
Inclusivo dedicado ás adiccións
 O festival, que se celebra do 18 ao 22 deste mes, presenta o seu cartel.
 A asociación Érguete participará nunha actividade para escolas sobre a adición
tecnolóxica.

O artista do Porriño, Javier Ramírez, máis coñecido como Sr. Reny, deseñou o cartel da
sétima edición do Festival de Cine Inclusivo de Vigo, que se celebrará do martes 18 ao
sábado 22 deste mes. Tal e como representa o cartel, este ano o festival pon o foco na
adicción ás tecnoloxías, unha patoloxía que cada vez sofren máis persoas.
Sr. Reny explica que na súa obra quixo empregar un produto cotián e recoñecible como a
trampa de ratos, que ten unha serie de connotacións. “Un apetitoso anaco de queixo en
forma de notificación e a adicción como trampa resume perfectamente o que se pretendía
relatar”, sinala o artista. Sr. Reny súmase a nómina de artistas locais que deseñaron o
cartel do festival. Abi Castillo e Lula Goce realizaron as propostas das pasadas edicións
porque o obxectivo da organización é involucrar outras doutrinas artísticas no festival e
dar a coñecer o talento local.

A sección dedicada a escolas do festival trata tamén esta temática. O mércores 19,
alumnos da área de Vigo participarán nesta actividade que terá lugar no Auditorio do
Concello e arrancará ás 11 da mañá coa proxección do filme Her de Spike Jonze. A
continuación a pedagoga María Novelle e Laura Durán, psicóloga da asociación Érguete
en adiccións ás pantallas, estarán comentando cos estudantes o filme e falarán do
traballo que desde a asociación fan con persoas que sofren calquera tipo de adicción,
incluída a tecnolóxica. Desde Érguete sinalan que desde a pandemia a asociación atende
o dobre de menores para previr adiccións ás pantallas : “trátase dunha adicción silenciosa
que cada vez está máis presentes na nosa sociedade”, e engaden que “esta adicción
provoca o descoido ou abandono de intereses e relacións sociais, o descontrol progresivo
da condutas, malestar, ansiedade e irritabilidade”.

Na edición deste ano, o festival encherá a cidade de cine con proxeccións e actividades

ao longo de cinco días, do martes 18 ao sábado 22 de outubro, que terán lugar no
Auditorio Municipal do Concello, o Museo MARCO e o Cine Salesianos. A Asociación
Galega Audiovisual Inclusiva (AGAIN) organiza o VII Festival Internacional de Cine
Inclusivo de Vigo, co obxectivo de dar a coñecer, apoiar e valorar proxectos
cinematográficos realizados por e para a inclusión, a igualdade e a difusión universal da
sétima arte. O festival non sería posible sen o patrocinio e colaboración de diferentes
administracións e entidades privadas.

Breve ‘bio’ sobre Sr. Reny

Sr. Reny é o nome do estudo creativo do ilustrador e deseñador Javier Ramírez, (O
Porriño,1987). Desde moi pequeno atopouse coa cultura urbana e comezou a expresar as
súas inquietudes artísticas a través do graffiti. Inspirado por esta cultura decidiu formarse
en estudos artísticos como Técnico superior en Ilustración na escola Antonio Failde de
Ourense e Graduado en Deseño gráfico na Escola Pablo Picasso, A Coruña.
Posteriormente, desenvolveu a súa actividade en axencias de publicidade e o sector téxtil,
ata que decidiu cambiar de rumbo e centrarse enteiramente no que sempre quixo, a
ilustración e o deseño. Co paso dos anos as súas ilustracións publicáronse en medios tan
relevantes como o Washington Post, El País, etc. Creou a imaxe de eventos tan icónicas
como O Marisquiño e A Cidade Imaxinaria que se celebra na Cidade da Cultura e tamén
traballou en publicidade para marcas como Heineken, Estrella Galicia, Affinity, La Quiniela,
Joselito, Etc.

Para máis información e entrevistas:

INICIO

X