IV Edición | 2019
PROXECCIÓNS
A inauguración foi a estrea do documental “A nosotros tu reino” (90 minutos) sobre como afronta a vida o campión galego de kickboxing Simón González despois de sofrir un accidente doméstico.
VIG-IN DOC. Documentais internacionais pola inclusión contou con doce documentais en categoría competitiva. Cinco destes documentais eran extranxeiros de países como Brasil, Reino Unido ou EE.UU. Proxectouse o documental galego “Idénticas” de Luis Avilés Baquero que tivo unha mención especial do xurado.
En canto na sección competitiva de curtas houbo nove curtametraxes. Se nos anos pasados destacou a presenza de grandes pezas internacionais, este ano traballouse pola presenza de curtametraxistas galegos e vigueses. Coa proxección de cinco curtametraxes galegas: “Mouras” de Olga Osorio; “Marusía” de Pedro Sancho; “Soy una tumba” de Khris Cembe; “16 de decembro” de Álvaro Gago e “Helsinki79, de Pablo Fontenla. Dentro desta selección estivo a curtametraxes gañadora do Goya, “Cerdita” de Carlota Martínez.
PERSONALIDADES
PREMIOS
A mellor curtametraxe para o xurado foi “Soy una tumba” de Khris Cembe e a mención especial para “Cerdita” de Carlota Martínez. A gañadora para o público: “16 de decembro” de Álvaro Gago. As dúas curtametraxes obtiveron ademais o recoñecemento do premio AGAG, “Soy una tumba” e o do premio CREA, para o director Álvaro Gago por “16 de decembro”.
OBRADOIROS
Outras das actividades estiveron dirixidas a dar a coñecer as webseries galegas inclusivas que hai na actualidade, algo que vense facendo desde a primeira edición do Festival. Este ano foron convidadas a webserie de ficción “Sitcom”, sobre as personas con discapacidade e a vida pública; e a webserie “Sorrisos transformadores”, sobre a realidade dos nenos trans.
A maiores houbo a presentación das primeiras imaxes do documental sobre os dez anos de Discamino: “Dez anos pedaleando”, na que interviñeron o director do documental, Víctor Bello; Javier Pitillas e Gerardo Fernández, da asociación Discamino.