A sétima edición do Festival de Cine Inclusivo homenaxea a Roberto Pérez Toledo

 O evento cinematográfico arranca mañá no Auditorio do Concello cunha
retrospectiva do director.
 De martes a sábado proxectaranse 47 pezas audiovisuais.

Mañá, martes 18, arranca a sétima edición do Festival de Cine Inclusivo que, ata o
sábado 22, inclúe a proxección de 47 pezas audiovisuais en tres emprazamentos
diferentes: o Auditorio do Concello, o Museo Marco e os Cines Salesianos. As
proxeccións divídense en catro categorías a concurso e todas elas son de acceso
libre ata completar aforo.

No acto inaugural do festival, proxectaranse dous filmes do director Roberto Pérez
Toledo: ‘Seis puntos sobre Emma’ (2011) e ‘Lugares a los que nunca hemos ido’ (2021) e
se lle fará entrega, a título póstumo, do premio honorífico do festival ao director canario.
Pérez Toledo, que faleceu este ano, quedou aos 14 anos en cadeira de rodas e é unha
referencia do cine comprometido coa defensa dos dereitos da comunidade LGTBI+.

As longametraxes ‘Norte salvaje’, ‘La palabra maldita’, ‘Alborada’ (realizado polo 40

aniversario da Asociación Alborada de Vigo) e ‘Onde máis doe’ compoñen a sección VIG-
IN Doc, de documentais internacionais pola inclusión. Mentres que a sección de ficción

está formada polos filmes ‘A diente de perro’, ‘Mi vacío y yo’ e ‘Valentina’; esta última,
gañadora do Goya de animación en 2021, proxéctase adaptada para persoas con
autismo, grazas á colaboración de VenTea.

A proxección das curtas divídese en catro bloques. Por unha parte, o Museo Marco acolle
o xoves a sesión de curtas arredor da discapacidade, todas elas subtituladas para
persoas xordas. Mentres que o sábado o Auditorio do Concello acolle outros dous
bloques: pola maña a sesión de animación para a cativada (tamén subtituladas para
persoas con xordera) e pola tarde a mostra de curtas pola igualdade. Un dos actos
centrais do festival é a sesión de curtas de ficción, todas elas subtituladas e

audioescritas porque un dos obxectivos do festival é achegar o sétimo arte a tódalas
persoas. Esta sesión terá lugar o sábado pola tarde no Auditorio do Concello; xusto antes
de que se entreguen os premios de todas as categorías.

O evento tamén inclúe varias actividades fóra de concurso como a proxección de ‘Acero
5’, o documental autobiográfico no que Gonzalo Suárez, co-director do festival,
conta como entrar no equipo de balonceso Amfiv cambioulle a vida, despois de quedar en
cadeira de rodas por un accidente. Ou a sección Coñece! Dirixida a escolas. Mañá
alumnos de primaria acudirán a proxección de ‘Valentina’ na que participará a directora da
mesma, Chelo Loureiro. Ao día seguinte, alumnos de secundaria verán o filme ‘Her’. A
proxección irá seguida dun coloquio con responsables da Asociación Érguete que falarán
aos adolescentes da adicción ás pantallas.

A Asociación Galega Audiovisual Inclusiva (AGAIN) organiza o VII Festival Internacional
de Cine Inclusivo de Vigo, co obxectivo de dar a coñecer, apoiar e valorar proxectos
cinematográficos realizados por e para a inclusión, a igualdade e a difusión universal da
sétima arte. O festival non sería posible sen o patrocinio e colaboración da Axencia
Galega das Industrias Culturais (AGADIC), da Deputación de Pontevedra, do Concello de
Vigo e de Fundación La Caixa.

X