O festival de Cine Inclusivo inclúe unha sesión de curtas con valores para a cativada

Os nenos e nenas poderán gozar dunha xornada de cine o sábado 16 no Museo MARCO.

Proxectaranse 8 curtas que pretenden inculcar valores positivos como a conciencia medioambiental, a tolerancia ou o traballo en equipo.

No seu afán de achegar a sétima arte a todos os públicos a sexta edición doFestival de Cine Inclusivo incorpora unha sección familiar na programación deste ano. O evento cinematográfico que terá lugar na nosa cidade do 12 ao 16 de outubro quere sementarnos pequenos da casa o interese polo audiovisual cunha proxección de curtas que se desenvolverá o sábado 16 no Museo MARCO.

En total proxectaranse oito curtas nas que se tratan temas tan variados como o respecto pola natureza e os animais, as desigualdades, os complexosou os ciumes. Este minifestival de cine familiar nace co claro obxectivo de inculcar valores positivos nas crianzas como o traballo en equipo, a tolerancia, a conciencia medioambientalou non discriminación.

Todas as proxeccións do Festival de Cine Inclusivo son gratuítas e o acceso realízase por ordede chegada ata completar o aforo. Esta sesión de curtas para público familiar desenvolverase no Museo MARCO o sábado 16 a partir das 12 do mediodía.

Curtas que se proxectarán:

Morgan, la orca valiente (Marcos Martín Muñoz)

Morgan, unha valente orca, tras sufrir un accidente perde a súa familia na inmensidade do océano. Na súa viaxe chea de desafíos e de aventuras coñece a novos amigos que lle axudan a atopar unha nova familia e un novo fogar. Historia baseada en feitos reais.

Nacer (Roberto Valle)

España, 1994. Carlos é un neno que descobre que vai ter un irmanciño. A noticia marabíllalle pero co paso dos meses todo cambia para el… Entón chega o día do parto e Carlos debe enfrontarse a emocións que non coñecía.

Oddity (Anna Juesas García y Germán Chazarra Moreno)

En Oddity, un extravagante e destartalado circo, Tom preséntase ao casting da súa vida. Está decidido a ser o próximo pianista, pero Irene e Irina non llo porán fácil. Señoras e señores, que comece o espectáculo!

Packing a wave (Edu Glez)

Unha moza náufraga chega en estado inconsciente ao que parece unha paradisíaca illa deserta. Tras espertarse, explora a illa e decátase de que é un vertedeiro.

Reflejo (Juan Carlos Mostaza)

Clara é unha nena de 9 anos cunha visión distorsionada da realidade.Caerá nun pozo do que só poderá saírcon esforzo e a axuda das persoas que a rodean.

Refugio (Juan Antonio Moreno)

Destiny non quere volver atrás e foxe coa axuda da súa amiga Paulina mentres todos dormen. No medio da noite, escapan do medo ata atopar o seu refuxio

Roberto (Carmen Córdoba González)

15 anos pasaron e Roberto segue namorado da súa veciña, aínda que ela prefire esconderse avergoñada do seu corpo. Coa súa arte e unha vella corda de tender como única forma de comunicación, Roberto ten un plan para conseguir que a súa amada se enfronteaos seus monstros dunha vez por todas.

A discapacidade será protagonista dunha sesión do Festival de Cine Inclusivo de Vigo

▪ Como novidade, este ano o certame acolle unha sesiónespecíficade curtas arredor da discapacidade.
▪ Diseñatas, equipo de deseñadores da Fundación Igualarte, incian unha colaboraciónco festival paradeseñaromerchandising.

O Festival de Cine Inclusivo de Vigo naceu cun dobre obxectivo: concienciar sobre a necesidade de camiñar cara unha sociedade máis inclusiva e achegar o cinema a tódalas persoas. Na súa sexta edición, que se celebrará en Vigo do 12 ao 16 de outubro, o evento incorpora novidades para darlle máis espazo á diversidade dentro da programación.

Por unha banda, incorporase unha sesión específica de curtas arredor da discapacidade. Todos os traballos audiovisuais que a conforman teñen como temática a discapacidade e están audioescritos e subtítulados para facelos accesibles a persoas con problemas de audición e visión. Ademais todas as curtas de ficción que forman parte desta sesión foron realizadas con actores que teñen algunha discapacidade real. En total proxectaranse sete curtametraxes: Sin palabras de Pablo cañadas, Montebravo de Noelia Muíño, Lilith de Rafael Ramón Herrera, Sim-patía de Carlos Gómez-Mira, Por ESO de Igualarte, Un día cualquiera de Vanesa Rodríguez e À ma place de Pierre Mobeche. Esta sesión terá lugar no Museo MARCO o xoves 14 ás 17.00 horas e o acceso é libre ata completar o aforo.

Nesta edición iníciase tamén unha colaboración entre o festival e o equipo Diseñatas da Fundación Igualarte para crear o merchandising do evento. Loira, unha das integrantes de Diseñatas, creou para esta edición do festival unhas cuncas conmemorativas co debuxo dunhas pombiñas. As cuncas poderán adquirirse durante calquera dos días do festival. A Fundación Igualarte leva desde o ano 2002 achegando o arte a persoas con capacidade diferentes, na nosa cidade.

Sesión de curtas arredor da discapacidade:
Sin palabras (2020) de Pablo Cañadas. 4 min.
Raúl recibe un audio de Whatsapp. Oraro éque el éxordo, e aínda máisraro éque lloenvía súa nai.
Montebravo (2020) de Noelia Muíño. 14 min
Paula é unha nena que vive nunha aldea galega despois da Guerra Civil. Un día, mentres xoga co seu irmán Pablo, ve un homelobo no bosque. Pero, é real ou só está na imaxinación da nena? Mediante a procura dos irmáns para atopar ao licántropo, mergullámonos nunha relación chea de soidade, alegría e medo.
Lilith (2020) de Rafael de Ramón Herrera. 9 min
Antoloxía de relatos que abordan desde unha perspectiva poética as dificultades,a intolerancia e o sufrimento das mulleres con discapacidade intelectual. Centrado no implícito por enribado explícito. Trátanse temas como a maternidade, autoexploración, sexualidade, rexeitamento, culpa, desconsideración, infantilización e descoñecemento da discapacidade.
Sim-patía (2021) de Carlos Gómez-Mira. 3 min
As persoas con secuelas tras un traumatismo cranioencefálico viven a súa condición como un verdadeiro pesadelo. Grazas ao labor impagable de tódolos profesionais que traballan no proxecto Sim-patía, recobran toda a autonomía da que son capaces e xunto ás súas familias atopan un novo equilibrio.
Por ESO (2020) de Igualarte. 7 min
Evelyn é unha moza con diversidade que quere estudar o ciclo medio de mecánica. Cando vai facer a matrícula non lle deixan porque non ten o título da ESO. Como é isto posible? Evelyn cursou a ESO e, con moito esforzo, moito traballo e superando todos os obstáculos que atopou, conseguiu finalizar o ensino obrigatorio. Con todo, non lle deron o título. Contará coa axuda do seu amigo Alejandro para transitar un camiño
descoñecido e incerto.
Un día cualquiera(2020) de Vanesa Rodríguez. 5 min
Fran, un mozo con discapacidade, mostra as situacións sociais que se atopa no seu día a día. Desde coller un autobúsata saír de festa, poden ser para el momentos incómodos debido á falta de inclusión que existe a día de hoxe na nosa sociedade.
À ma place (2021) de Pierre Mobeche. 20 min
“O meu nome é Flavian. Teño 27 anos”. Con estas poucas palabras banais comeza a película, que nos dirá por que Flavian está agora confinadoa unha cadeira de rodas pero que, sobre todo, dará resposta a preguntas como: «Que é ser un mozo con discapacidade? Como é vivir nunha institución médico-social? É unha vida?”. Flavian dirixe a cámara directamente ao espectador. Desafialo, para que non eluda esta realidade á que mañá nos enfrontaremos todos. A través do exemplo persoal de Flavian, esta película explora camiños universais como os da vida cotiá das persoas que se volveron dependentes, o papel dos profesionais que as apoian, a importancia da familia, a urxencia de vivir a pesar de todo.

O Festival de Cine Inclusivo arranca mañá con Xavier Bermúdez e Marta Larralde

▪ O director Xavier Bermúdez recollerá o seu galardón como homenaxeado de mans da actriz Marta Larralde.
▪ O festival encherá de cine a cidade ata o próximo sábado.

Mañá no Auditorio do Concello inaugúrase o VI Festival de Cine Inclusivo de Vigo, que encherá a cidade de cinema para todos os públicos e gustos durante os próximos seis días. O evento arrancará ás 17.00 horas cunha retrospectiva de Xavier Bermúdez, director homenaxeado nesta edición. Primeiro proxectarase ‘León y Olvido’ e a continuación, arredor das oito da tarde terá lugar o acto de inauguración no que participarán: Gonzalo Suárez, director do festival; Marta Fernández Tapias, delegada da Xunta de Galicia en Vigo; Ana Laura Iglesias, deputada de Turismo e Xuventude da Deputación de Pontevedra e Abel Losada, concelleiro de Cultura de Vigo. Despois, a actriz Marta Larralde entregará a Xavier Bermúdez o seu premio honorífico. Bermúdez foi o primeiro director español en rodar un filme cun actor protagonista con síndrome de down. Como peche do evento inaugural proxectarase ‘Olvido y León.

O festival continuará a partir do mércores con programación tanto no Auditorio do Concello, como no Museo MARCO e nos cines Salesianos. En total proxectaranse máis de 50 traballos audiovisuais, todos os pases son gratuítos e o acceso realizarase por orde de chegada.

‘León y Olvido’ (2004) de Xabier Bermúdez. 112 min:
León e Olvido son irmáns xemelgos e orfos. León ten a síndrome de Down. Olvido, cuxas relacións sentimentais non van nada ben, tivo que deixar os seus estudos e poñerse a traballar. León pretende acaparar as atencións da súa irmá. Os sentimentos que lles unen e enfrontan son moi intensos por ambas as partes ata que un día aparece nas súas vidas Damián.
‘Olvido y León’ (2020) de Xabier Bermúdez. 107 min:
Despois de quince anos, Olvido aceptou que os seus problemas non están relacionados coa relación que mantén co seu irmán xemelgo, León, que ten a síndrome de Down. Podería abandonalo, pero aceptou que o que lle ocorre realmente é que está baixo a influencia de poderes que non coñece e que non identifica ben, que tecen ao seu ao redor como unha araña un cárcere de insatisfacción persoal.
Breve ‘bio’ sobre Xavier Bermúdez

Formado como realizador de curtametraxes e axudante de dirección, Xavier Bermúdez iníciase no campo da longametraxe con ‘Luz negra’ en 1992. Esta ópera prima logra a Mención Especial do Xurado no Festival de Alcalá de Henares. Ademais, a actriz Mónica Molina, unha dos seus protagonistas, recibe o Premio Especial do Xurado no Festival Internacional de Xixón polo seu traballo no filme.
En 1994 cofunda a produtora Xamalú Filmes. A súa seguinte longa de ficción, ‘Nena’ (1997), consegue a Mención Especial do Xurado en Alcalá de Henares e é seleccionado no Festival Internacional de Mar do Prata. Con todo, a súa consagración chega con ‘León y Olvido’ (2004), que obtén once premios internacionais e tres nacionais, entre os que se atopa o de Mellor Director no Festival Internacional de Karlovy Vary.

Tras este éxito roda ‘Rafael’ (2008), seleccionado no Festival de Málaga, o Festival Internacional de Montpellier e nas mostras de cinema galego de Fantasporto, Portugal e da Filmoteca de Madrid. Despois realizou ‘O ouro do tempo’ (2013), que participa na Sección Oficial do Festival Internacional de Karlovy Vary e consegue tres premios internacionais, nos festivais de Varna, Dürres e Calanda. A súa última longametraxe é ‘Olvido y León’, que continúa coa historia dos protagonistas da súa longametraxe de 2004, inaugurou a 25ª edición do Ourense Film Festival (OUFF) e acaba de ser seleccionada para o Festival Internacional de Singapur.

Xavier Bermúdez recolle o premio honorífico do Festival de Cine Inclusivo de mans da actriz Marta Larralde

· Director e actriz recordaron a Guillem Jiménez no seu discurso.
· O festival continúa mañá mércores co Short In-Doc e as proxeccións de ‘Devolvendo o golpe’ e ‘El niño de fuego’.

Esta tarde tivo lugar a inauguración do VI Festival de Cine Inclusivo de Vigo cunha retrospectiva do director Xavier Bermúdez. O evento comezou coa proxección de ‘León y Olvido’ (2004) e continuou coa inauguración institucional na que participaron Gonzalo Suárez, director do festival; Marta Fernández-Tapias, delegada da Xunta de Galicia en Vigo; Ana Laura Iglesias, deputada de Turismo e Xuventude da Deputación de Pontevedra e Abel Losada, Concelleiro de Cultura de Vigo. A continuación tivo lugar a parte máis emotiva do evento que foi a entrega do premio honorífico desta edición ao director galego Xavier Bermúdez, por ter sido o primeiro director español en rodar unha película cun actor protagonista con síndrome de down. A encargada de entregarlle o premio a Bermúdez foi a actriz protagonista dos filmes ‘León y Olvido’ e ‘Olvido y León’, Marta Larralde. Director e actriz no seu discurso recordaron ao actor Guillem Jiménez, falecido recentemente. Como peche do festival proxectouse ‘Olvido e León’ (2020).

O festival continúa a súa programación mañá mércores no Auditorio do Concello coa sección Short In-Doc de curtametraxes documentais pola inclusión ás 17.00 horas. Esta sesión na que se proxectarán sete traballos audiovisuais será accesible para persoas con ceguera ou xordera. A continuación proxectaranse dúas longas documentais da sección a concurso Vig In-Doc ás 19.00 horas ‘Devolvendo o golpe’ e ás 20.30 h. ‘El niño de fuego’. Todas as proxeccións son de acceso libre ate completar aforo.

PROGRAMACIÓN MÉRCORES 13:
SHORT- IN DOC. Curtametraxes documentais pola inclusión. Subtitulados e audiodescritos (103 min.) – Mércores 13 ás 17:00 no Auditorio Municipal.
‘Mujeres prepago’ (2020) de Isabel Sáez Pérez. 15 min
Isabel traballa como fotógrafa erótica. Os seus principais clientes son traballadoras sexuais. Aos poucos, Isabel decide entrevistar ás mozas que acceden a contar a súa historia. Nerea e Luz, de Pamplona, convértense nas protagonistas desta historia cando acepta ser entrevistadas. Esta conversación trasladaranos a mazmorras de sadomasoquismo, a crianza dun bebé e o naufraxio por varios cursos do INEM.
‘Golden Boy’ (2021) de Abel Gil. 7 min
Alberto Loureiro (alias Golden boy), é un loitador de full contac en varias modalidades (boxeo, kickboxing, savate, etc…) que aos seus 22 anos xa leva ás costas, dous títulos mundiais, catro campionatos de España e distintos premios internacionais. Desde os seus modestos comezos, iniciándose no boxeo, para baixar de peso con 15 anos, logrou superarse unha e outra vez co apoio do seu adestrador Simón González, o anterior campión do mundo de Kick boxing durante trece anos antes de quedar parapléxico nun accidente.
‘Rosebud’ (2020) de Álvaro López Alba. 10 min
A principios dos noventa, unha familia pasa os veráns nun lugar idílico; un lugar de xogos, bailes e inocencia. Rosebud é o último espazo no que refuxiarse dunha realidade moi distinta.
‘57 días’ (2020) de Mario Lumbreras e Laura Brasero. 14 min
Julio Lumbreras foi un dos primeiros pacientes en entrar nunha UCI en España por Covid-19. A través das mensaxes de móbil que se mandaban os seus familiares, seguimos os seus 57 días de loita contra o coronavirus.
‘Traslasierra’ (2020) de Raquel Kurpershoek. 17 min
Documental tinguido de forma autobiográfica sobre a relación das persoas xordas con música. A primeira vista, a música e o mundo dos xordos parecen ser dous mundos totalmente diferentes. Pero Traslasierra lanza unha luz realmente inesperada sobre este asunto. A música é universal. As emocións humanas son universais. A música e as emocións xuntas crean milagres. Estes grandes temas universais preséntanse nun documental íntimo e moi persoal situado nun pobo remoto do sur de España.
‘Mi pequeño samurai’ (2020) de Arantza Ibarra. 21 min
Recolle as vivencias dos dous últimos anos tras a morte por suicidio do mozo trans Ekai Lersundi, co obxectivo de reivindicar a súa figura e a loita de moitas outras persoas trans en Euskal Herria. A curtametraxe inclúe testemuños de Elaxar Lersundi e Ana Martínez, así como
de representantes da asociación Naizen (asociación de familias de menores transexuais) e de varios veciños e veciñas de Ondarroa.
‘Fuera de la ley’ (2021) de *Álex Cuellar e Rafael Giner Sánchez. 19 min
Mario Sánchez é un atracador de bancos que pasou máis de 30 anos en varias prisións de Europa. Agora está na rúa, pero sente perdido nun mundo que cambiou moi rápido. Poderá reinserirse nunha sociedade que hai tempo esqueceuse del?
VIG- IN DOC. Documentais internacionais pola inclusión
‘Devolvendo o golpe’ (2021) de Carlos Prado Pampín. Galicia. 68 min. Mércores 13 ás 19:00 no Auditorio Municipal.
Cando Aarón tiña dez anos, un coche atropelouno mentres esperaba o autobús escolar. Estivo a piques de morrer e, o parte médico máis optimista, pasaba pola amputación de ambas as pernas. Pero con axuda da súa nai, Rosa, unha muller forte e que nunca se rende, Aarón tentará non só saír adiante e volver camiñar, sinó cumprir ou o seu soño de ser campión de España de boxeo.
‘El niño de fuego’ (2020) de Ignacio Acconcia. España. 85 min. Mércores 13 ás 20:30 no Auditorio Municipal.
Aleixo Paz, coñecido como “El niño de fuego”, é o sobrevivente dun tráxico accidente que esnaquizou a súa vida e a da súa familia. A piques de cumprir 18 anos, sen traballo nin estudos, vive encerrado na escuridade da súa habitación. Consumido pola dor e a rabia, a súa única esperanza é escribir cancións para un público imaxinario. Grazas á inspiración dun amigo e o apoio incondicional da súa nai, reunirá a forza para subirse a un escenario e deixar atrás o medo para vivir. Que hai despois de vencer á morte cando non esperas nada da vida?

Lula Goce é a autora do cartel da sexta edición do Festival de Cine Inclusivo dedicado ás enfermidades mentais

▪ O festival revela o seu cartel a menos dun mes da súa inauguración o vindeiro 12 de outubro.
▪ Acollerá varias proxeccións e actividades paralelas que tratan sobre a saúde mental.
A artista miñorana Lula Goce foi a encargada de realizar o cartel da VI edición do Festival de Cine Inclusivo que se celebrará en Vigo do 12 ao 16 de outubro e que este ano, ademais de dar a coñecer pezas audiovisuais que traballan por e para a inclusión, intentará concienciar sobre as enfermidades mentais, con proxeccións e actividades paralelas. O Festival poñerá o foco nos trastornos de saúde mental, como a depresión ou a ansiedade, que empeoraron en moitos casos debido ás situacións de soidade, estrés, medo e illamento derivadas da crise sanitaria da COVID.

Lula Goza explica que na súa obra optou polos gansos porque “son aves migratorias, que viven en comunidade e viaxan en grupo, precisan os uns dos outros para se orientar, disto depende a súa supervivencia e benestar.” Por outra banda, engade que “a nena está soa, cos ollos pechados, grave e retraída, illada. Pode estar con esa liberdade, pechando os ollos para no vela, nin vivila. Tamén amosa a dificultade de ser libre e relacionarse cando unha persoa padece problemas de saúde mental. Coa tendencia ao illamento que isto produce”. Goce colle a remuda de Abi Castillo que realizou o cartaz da pasada edición. O obxectivo da organización do festival é que cada edición un artista local se encargue do deseño, involucrando outras doutrinas artísticas no festival e dando a coñecer o talento local.

Na edición deste ano, o festival encherá a cidade de cine con proxeccións e actividades ao longo de cinco días, do martes 12 ao sábado 16 de outubro, que terán lugar no Auditorio Municipal do Concello, o Museo MARCO e o Cine Salesianos.

A Asociación Galega Audiovisual Inclusiva (AGAIN) organiza o VI Festival Internacional de Cine Inclusivo de Vigo, co obxectivo de dar a coñecer, apoiar e valorar proxectos cinematográficos realizados por e para a inclusión, a igualdade e a difusión universal da sétima arte. O festival non sería posible sen o patrocinio e colaboración de diferentes Administracións e entidades privadas.

Breve ‘bio’ sobre Lula Goce
Lula Goce é natural de Baiona, licenciouse en Belas Artes na Universidade de Salamanca e posteriormente realizou un Master de creación artística e o doutoramento na facultade de Belas Artes da UB de Barcelona. Ten pintado murais en festivais de arte urbano por todo o mundo, como 501 SeeStreet en New York City, NRNY Street Art en New Rochelle, NY, Art Basel Miami ou o BANK Street Art Festival en Suecia. Tamén ten realizado exposicións, colectivas e individuais en EEUU, España, Austria, Italia, Portugal, México e Canadá.
A obra de Lula Goce tende a profundar no íntimo a partir do público, accións solitarias vencelladas á natureza, humana e vexetal únense como se fosen unha. A conciencia natural é ó seu principal eixe temático.

A sexta edición do Festival de Cine Inclusivo homenaxea ao director galego Xavier Bermúdez

• O festival arrancará cunha retrospectiva sobre o director coa proxección de ‘León y Olvido’ e ‘Olvido y León’.
• Bermúdez foi o primeiro director español en rodar un filme cun actor protagonista con síndrome de down.

O Festival de Cine Inclusivo de Vigo arrancará a súa programación o vindeiro 12 de outubro cunha retrospectiva de Xavier Bermúdez, ao que o festival quere homenaxear por ser o primeiro director español en rodar un filme cun actor protagonista con síndrome de down. Durante o primeiro día de festival proxectaranse os filmes ‘León y Olvido’ (2004) e ‘Olvido y León’ (2021) e Bermúdez recollerá este premio honorífico das mans de Marta Larralde, actriz protagonista en ambos filmes.

‘Olvido y León’, estreada a comezos deste ano segue o rastro dos protagonistas de ‘León e Olvido’. Quince anos máis tarde Olvido acepta que os seus problemas non están relacionados coa relación que mantén co seu irmán xemelgo, León, que ten síndrome de down. O que realmente lle ocorre é que está baixo a influencia de poderes que non coñece e que tecen ao seu redor unha cárcere de insatisfacción persoal. Este ano o festival está dedicado á saúde mental, un tema que trata este filme ao amosar que o que realmente está sufrindo Olvido é un episodio de depresión.
Ambos filmes están protagonizados pola actriz viguesa Marta Larralde e Guillem Jiménez, quen faleceu recentemente. Este festival naceu co obxectivo de valorar proxectos cinematográficos realizados por e para a inclusión e Bermúdez foi un pioneiro nesta materia. Por ese motivo, se lle quere render esta merecida homenaxe.

O festival que se celebrará do 12 ao 16 de outubro no Auditorio do Concello, o Museo MARCO e o cine Salesianos, contará como cada ano cunha sección de curtas audioescritas e subtituladas para que persoas con discapacidade auditiva ou visual poidan gozar do sétimo arte, outro dos piares do evento.

Breve ‘bio’ sobre Xavier Bermúdez
Formado como realizador de curtametraxes e axudante de dirección, Xavier Bermúdez iníciase no campo da longametraxe con ‘Luz negra’ en 1992. Esta ópera prima logra a Mención Especial do Xurado no Festival de Alcalá de Henares. Ademais, a actriz Mónica Molina, unha dos seus protagonistas, recibe o Premio Especial do Xurado no Festival Internacional de Xixón polo seu traballo no filme.

En 1994 cofunda a produtora Xamalú Filmes. A súa seguinte longa de ficción, ‘Nena’ (1997), consegue a Mención Especial do Xurado en Alcalá de Henares e é seleccionado no Festival Internacional de Mar do Prata. Con todo, a súa consagración chega con ‘León y Olvido’ (2004), que obtén once premios internacionais e tres nacionais, entre os que se atopa o de Mellor Director no Festival Internacional de Karlovy Vary.

Tras este éxito roda ‘Rafael’ (2008), seleccionado no Festival de Málaga, o Festival Internacional de Montpellier e nas mostras de cinema galego de Fantasporto, Portugal e da Filmoteca de Madrid. Despois realizou ‘O ouro do tempo’ (2013), que participa na Sección Oficial do Festival Internacional de Karlovy Vary e consegue tres premios internacionais, nos festivais de Varna, Dürres e Calanda. A súa última longametraxe é ‘Olvido y León’, que continúa coa historia dos protagonistas da súa longametraxe de 2004, inaugurou a 25ª edición do Ourense Film Festival (OUFF) e acaba de ser seleccionada para o Festival Internacional de Singapur.

X