Homenaxe a Roberto Pérez Toledo para inaugurar o festival.

A sétima edición do Festival de Cine Inclusivo homenaxea a Roberto Pérez Toledo

 O evento cinematográfico arranca mañá no Auditorio do Concello cunha
retrospectiva do director.
 De martes a sábado proxectaranse 47 pezas audiovisuais.

Mañá, martes 18, arranca a sétima edición do Festival de Cine Inclusivo que, ata o
sábado 22, inclúe a proxección de 47 pezas audiovisuais en tres emprazamentos
diferentes: o Auditorio do Concello, o Museo Marco e os Cines Salesianos. As
proxeccións divídense en catro categorías a concurso e todas elas son de acceso
libre ata completar aforo.

No acto inaugural do festival, proxectaranse dous filmes do director Roberto Pérez
Toledo: ‘Seis puntos sobre Emma’ (2011) e ‘Lugares a los que nunca hemos ido’ (2021) e
se lle fará entrega, a título póstumo, do premio honorífico do festival ao director canario.
Pérez Toledo, que faleceu este ano, quedou aos 14 anos en cadeira de rodas e é unha
referencia do cine comprometido coa defensa dos dereitos da comunidade LGTBI+.

As longametraxes ‘Norte salvaje’, ‘La palabra maldita’, ‘Alborada’ (realizado polo 40

aniversario da Asociación Alborada de Vigo) e ‘Onde máis doe’ compoñen a sección VIG-
IN Doc, de documentais internacionais pola inclusión. Mentres que a sección de ficción

está formada polos filmes ‘A diente de perro’, ‘Mi vacío y yo’ e ‘Valentina’; esta última,
gañadora do Goya de animación en 2021, proxéctase adaptada para persoas con
autismo, grazas á colaboración de VenTea.

A proxección das curtas divídese en catro bloques. Por unha parte, o Museo Marco acolle
o xoves a sesión de curtas arredor da discapacidade, todas elas subtituladas para
persoas xordas. Mentres que o sábado o Auditorio do Concello acolle outros dous
bloques: pola maña a sesión de animación para a cativada (tamén subtituladas para
persoas con xordera) e pola tarde a mostra de curtas pola igualdade. Un dos actos
centrais do festival é a sesión de curtas de ficción, todas elas subtituladas e

audioescritas porque un dos obxectivos do festival é achegar o sétimo arte a tódalas
persoas. Esta sesión terá lugar o sábado pola tarde no Auditorio do Concello; xusto antes
de que se entreguen os premios de todas as categorías.

O evento tamén inclúe varias actividades fóra de concurso como a proxección de ‘Acero
5’, o documental autobiográfico no que Gonzalo Suárez, co-director do festival,
conta como entrar no equipo de balonceso Amfiv cambioulle a vida, despois de quedar en
cadeira de rodas por un accidente. Ou a sección Coñece! Dirixida a escolas. Mañá
alumnos de primaria acudirán a proxección de ‘Valentina’ na que participará a directora da
mesma, Chelo Loureiro. Ao día seguinte, alumnos de secundaria verán o filme ‘Her’. A
proxección irá seguida dun coloquio con responsables da Asociación Érguete que falarán
aos adolescentes da adicción ás pantallas.

A Asociación Galega Audiovisual Inclusiva (AGAIN) organiza o VII Festival Internacional
de Cine Inclusivo de Vigo, co obxectivo de dar a coñecer, apoiar e valorar proxectos
cinematográficos realizados por e para a inclusión, a igualdade e a difusión universal da
sétima arte. O festival non sería posible sen o patrocinio e colaboración da Axencia
Galega das Industrias Culturais (AGADIC), da Deputación de Pontevedra, do Concello de
Vigo e de Fundación La Caixa.

Abre o prazo para votar nas webseries.

O Festival de Cine Inclusivo de Vigo abre o prazo para que o público vote no
concurso de webseries
 Por terceiro ano consecutivo o festival lanza este concurso no que participan catro
webseries.
 Os traballos audiovisuais poden verse e votarse na web do festival ata o día 20
deste mes.

Hoxe arranca o concurso online de webseries, como antesala do Festival de Cine
Inclusivo que se celebra do 18 ao 22 deste mes en diferentes espazos da cidade. Por
terceiro ano consecutivo o festival lanza este concurso no que todo o público pode
exercer de xurado desde hoxe mesmo. Nesta edición participan catro webseries que
tratan temáticas tan variadas como o TEA, a diversidade sexual ou o rural galego.

Na web do festival (https://festivalcinevigo.es/webseries) xa se poden ver as webseries a
concurso: e a partir das 14.00 horas de hoxe venres 7 de outubro e ata o xoves 20 a
mesma hora os internautas poderán escoller a súa favorita na propia web do festival. O
sábado día 22 darase a coñecer a webserie vencedora xunto co resto do palmarés do
festival. Esta iniciativa contou cunha acollida espectacular os anteriores anos con decenas
de miles de votacións dos internautas.

WEBSERIES QUE PARTICIPAN NO CONCURSO:

Spiderman e eu de José Manuel Villar Paniagua
A vida dun neno con TEA desde un punto de vista persoal. O seu mundo interior, a súa
contorna, as súas motivacións, os seus intereses, o seu talento… É unha reflexión para
entender as diferenzas e que, á fin e ao cabo todos somos únicos e extraordinarios. Con
iso, preténdese concienciar e dar visibilidade ao autismo.

Adegas da memoria de Iago Seoane e Xosé Gago
Os episodios de Adegas dá Memoria parten dos veciños e veciñas de Vilachá para
indagar no pasado e presente da Ribeira Sacra, cun ritmo pausado e unha estética

coidada, todo acompañado pola voz poética de Olga Novo. Como parte do proxecto, está
a realizarse o primeiro gran estudo científico das orixes da Ribeira Sacra.

Cosas de chicxs de Mariano Pablo Pozzi
Serie curta de ficción de seis episodios de cinco minutos cada un, sobre temáticas
relacionadas cos Dereitos Humanos da nenez e a adolescencia. Apunta a un público
principalmente infanto-xuvenil en idades escolares, consecuentemente aos seus círculos
directos: pais e docentes.

Lisa de Raquel Barrera e Ingride Santos
Chega o día máis esperado para unha moza extraordinaria. Lisa leva anos desexando
empezar a carreira e xa chegou o día. Pero así como todo estudante comeza a carreira
queréndose comer o mundo, para Lisa, unha moza con TEA, enfrontarse á vida
universitaria pode ser como subir ao Dragon Khan.
Durante catro capítulos de cinco minutos, a amizade e as relacións cos demais
estudantes e profesoras converteranse, para Lisa nun xogo de múltiples equívocos e
situacións cómicas inesperadas. Todo cambiará cando Paula, outra estudante, entra en
escena.

Para máis información e entrevistas:

INICIO


Asociaciones Viguesas presentes na edición de este ano.

As asociacións viguesas estarán presentes no Festival de Cine Inclusivo

 Alborada, Amfiv, Discaminno e Érguete participan no festival a través de diferentes
proxeccións.
 O director do festival, Gonzalo Suárez, estreará o seu filme Acero5, no marco do
festival.

A inclusión volve ser un ano máis un dos piares do Festival de Cine Inclusivo, que se
celebra do 18 ao 22 deste mes en diferentes localizacións da cidade. Co obxectivo de
involucrar a masa social de Vigo, o festival inclúe na súa programación varias
proxeccións e actividades nas que participan asociacións viguesas.

O festival acolle a estrea do documental Alborada, o xoves 20 no Auditorio do
Concello dentro da sección VIG-IN DOC, Documentais internacionais pola inclusión.
Alborada conta a historia desta asociación que naceu en 1982, promovida por un
grupo de cidadáns preocupados pola irrupción do consumo de drogas, que afectaba
especialmente á xente máis nova. O documental dirixido por Javier Álvarez e Helena
Ocampo, dá unha visión intimista do traballo e as problemáticas que se atopan na
asociación a través de declaracións exclusivas de traballadores e internos. Na proxección
participarán os directores do filme e Jesus Cancelo, director da Asociación Alborada.

O mesmo día, pero no Museo MARCO dentro da sesión de curtametraxes arredor da
discapacidade, proxectarase o documental 10 anos de Discamino, dirixido por Víctor
Bello é que narra a historia deste proxecto que comezou hai unha década coa
peregrinaxe de Gerardo González, xordo-cego, a Santiago. A proxección deste
documental será o xoves ás 18h.

O venres 21 estrearase en Vigo o filme Acero5, que narra a historia en primeira
persoa de Gonzalo Suárez, director do festival, desde que no 2006 sufre un
accidente de tráfico que lle causa unha lesión medular. A vida de Gonzalo dá un xiro e
para non estar tan solo decide practicar baloncesto en cadeira de rodas no famoso club
vigués AMFIV. Este club naceu no 1982, coa idea de potenciar ás persoas con algún tipo

de discapacidade física a través do deporte. Despois da proxección da película, que terá
lugar nos Cines Salesianos ás 21h, haberá un coloquio co director.

A fundación Érguete participa na sección Coñece!, dedicada a escolas, o mércores día 19.
Ás 11 da mañá alumnos de diferentes institutos acudirán á proxección do filme Her no
Auditorio do Concello. A película de Spike Jonze, que conta a historia dun home que
se enamora do seu sistema operativo, servirá para falar da adicción ás pantallas. A
pedagoga María Novelle e a especialista Laura Durán da Asociación Érguete explicarán o
traballo que fan desde a asociación con persoas que sofren calquera tipo de adicción,
incluída a tecnolóxica.
O festival encherá a cidade de cine con proxeccións e actividades gratuítas ao longo de
cinco días, do martes 18 ao sábado 22 de outubro, que terán lugar no Auditorio Municipal
do Concello, o Museo MARCO e o Cine Salesianos. A Asociación Galega Audiovisual
Inclusiva (AGAIN) organiza o VII Festival Internacional de Cine Inclusivo de Vigo, co
obxectivo de dar a coñecer, apoiar e valorar proxectos cinematográficos realizados por e
para a inclusión, a igualdade e a difusión universal da sétima arte. O festival non sería
posible sen o patrocinio e colaboración de diferentes administracións e entidades
privadas.

Para máis información e entrevistas:

INICIO

Chelo Loureiro presentará Valentina no Festival de Cine Inclusivo de Vigo

A gañadora do Goya Chelo Loureiro presentará Valentina no Festival de Cine Inclusivo
 O festival inclúe dous pases de Valentina, un para escolas e outro adaptado para
persoas con Autismo
 O sábado 22 pola mañá o Museo MARCO acolle unha sesión de curtas de
animación para a cativada

A película ‘Valentina’, gañadora o ano pasado do Goya á mellor longametraxe de
animación, vai ser proxectada a próxima semana dentro da programación do Festival de
Cine Inclusivo de Vigo. O filme, dirixido pola galega Chelo Loureiro, proxectarase o martes
18 nun pase para escolas e o xoves 20 aberto a tódalas persoas que o desexen. Chelo
Loureiro participará o martes no Auditorio do Concello na sesión Coñece! do festival. A
directora conversará co alumnado de primaria das motivacións que lle levaron a
facer este filme que narra a historia de Valentina, unha nena con síndrome de Down que
soña con ser trapecista. A directora Chelo Loureiro, especializada en cine de animación,
fundou Abano Producións no 2007 e conseguiu dous premios Goya. O primeiro en 2007 á
mellor curta de animación por ‘Decorado’ e o segundo o ano pasado con ‘Valentina’.
Agora atópase inmersa nun novo prexecto: ‘Unicorn Wars’, que vén de recibir moi boas
críticas no festival de Sitges e estréase en cines o 21 deste mes. Loureiro destaca tamén
por ser unha gran defensora dos dereitos das mulleres no audiovisual.

O xoves 20 ás 17h no Auditorio do Concello proxectarase novamente ‘Valentina’ nun
pase gratuíto aberto a todo o público. Co afán de achegar o cine ao maior número de
persoas, este ano o festival fará, en colaboración con VenTEA, que esta sesión estea
adaptada para persoas con autismo. VenTEA é o proxecto de Irene Morán García,
fotógrafa e experta en TEA que a través deste proxecto quere axudar a que persoas con
autismo poidan gozar de actividades de lecer como ir ao cine, ao museo, a un restaurante
ou un parque.

Valentina non será a única actividade do festival dirixida ao público familiar. Por segundo
ano consecutivo, o evento cinematográfico acolle unha sesión de cine para a cativada.
Terá lugar o sábado 22 no Museo MARCO a partir das 12 do mediodía. Os pequenos

poderán visionar sete curtametraxes de animación coas que se pretende tamén transmitir
valores positivos como o traballo en equipo, a tolerancia, a conciencia medioambiental ou
non discriminación.

Programación infantil:

– Valentina (2021) de Chelo Loureiro. 65 min (Xoves 20 ás 17:00 no Auditorio Municipal do
Concello)
Valentina soña con ser trapecista, pero cre que nunca poderá conseguilo por ter síndrome de Down. A súa
Avoa anímaa sempre a perseverar: se as orugas conseguen converterse en bolboretas, nada é imposible.
Valentina non está moi convencida, pensa que un verme é demasiado noxento para converterse en
bolboreta… Como será esa metamorfose da que fala a Avoa? Cando se dispón a preguntarllo, Papá e Mamá
danlle unha desconcertante noticia: a Avoa marchou de viaxe.

SESIÓN DE CURTAMETRAXES DE ANIMACIÓN INFANTIL (Sábado 22 ás 12:00 no
Museo MARCO)
– Operación Frankestein (2022) de José María Fernández de Vega. 11 min
Tres irmáns deciden crear o seu propio monstro de frankenstein, a partir do achado no lixo dun anaco dun
maniquí. Pero, como darlle vida á túa propia creación cando só contas con sete anos e a axuda dos teus dous
irmáns maiores? O destino do monstro terá un final… sorprendente!
– La primavera siempre vuelve (2021) de Alicia Núñez. 10 min
É primavera e a avoa Margara aprende aos seus catro netos a plantar en pequenas macetas. Tres deles
deciden abandonar voando a corrala familiar e saír a descubrir mundo. Pasan os anos, a avoa envellece, e os
que se foron están presentes á súa maneira… pero nunca como os que quedaron.
– Life & butterflies (2021) de Pablo Reigada. 5 min
Un neno xoga coa súa pelota ata que unha bolboreta capta a súa atención. A partir de aí aprenderá que o
tempo voa e que non hai forma de paralo. El mesmo non pode parar de medrar mentres segue á bolboreta.
– Skydome (2022) de Ana Juesas y Adolfo Aliaga. 4 min
Nun futuro distópico, Amunet vive nunha urbanización na que os robots educan ás nenas para ser boas
mulleres. Inspirada polo traballo da súa nai, Amunet buscará o modo de cambiar as cousas e recuperar a súa
liberdade.
– Bulit escucha la naturaleza (2021) de Mikel Urmeneta y Juanjo Elordi. 9 min
Bulit, un mozo de 8 anos con Trastorno do Espectro do Autismo, descobre que a natureza pode comunicarse
con el. Tres margaridas pídenlle axuda: chega un ciclón que arrasará o bosque e o pobo. Ninguén presta
atención a Bulit, excepto os seus amigos, Karmelia e Witib.
– Loop (2020) de Pablo Polledri. 8 min
Nesta sociedade, cada humano repite unha mesma acción unha e outra vez. Nesta sociedade, cada humano
repite unha mesma acción unha e outra vez. Nesta sociedade, cada humano repite unha mesma acción unha e
outra vez.
– El Paraguas (2022) de Christopher Sánchez Martín. 14 min
Alberto ten un paraugas e non pode separarse del.

Para máis información e entrevistas:

INICIO

O Festival de Cine Inclusivo de Vigo presenta a súa VII edición.

O artista gráfico Sr. Reny é o autor do cartel da sétima edición do Festival de Cine
Inclusivo dedicado ás adiccións
 O festival, que se celebra do 18 ao 22 deste mes, presenta o seu cartel.
 A asociación Érguete participará nunha actividade para escolas sobre a adición
tecnolóxica.

O artista do Porriño, Javier Ramírez, máis coñecido como Sr. Reny, deseñou o cartel da
sétima edición do Festival de Cine Inclusivo de Vigo, que se celebrará do martes 18 ao
sábado 22 deste mes. Tal e como representa o cartel, este ano o festival pon o foco na
adicción ás tecnoloxías, unha patoloxía que cada vez sofren máis persoas.
Sr. Reny explica que na súa obra quixo empregar un produto cotián e recoñecible como a
trampa de ratos, que ten unha serie de connotacións. “Un apetitoso anaco de queixo en
forma de notificación e a adicción como trampa resume perfectamente o que se pretendía
relatar”, sinala o artista. Sr. Reny súmase a nómina de artistas locais que deseñaron o
cartel do festival. Abi Castillo e Lula Goce realizaron as propostas das pasadas edicións
porque o obxectivo da organización é involucrar outras doutrinas artísticas no festival e
dar a coñecer o talento local.

A sección dedicada a escolas do festival trata tamén esta temática. O mércores 19,
alumnos da área de Vigo participarán nesta actividade que terá lugar no Auditorio do
Concello e arrancará ás 11 da mañá coa proxección do filme Her de Spike Jonze. A
continuación a pedagoga María Novelle e Laura Durán, psicóloga da asociación Érguete
en adiccións ás pantallas, estarán comentando cos estudantes o filme e falarán do
traballo que desde a asociación fan con persoas que sofren calquera tipo de adicción,
incluída a tecnolóxica. Desde Érguete sinalan que desde a pandemia a asociación atende
o dobre de menores para previr adiccións ás pantallas : “trátase dunha adicción silenciosa
que cada vez está máis presentes na nosa sociedade”, e engaden que “esta adicción
provoca o descoido ou abandono de intereses e relacións sociais, o descontrol progresivo
da condutas, malestar, ansiedade e irritabilidade”.

Na edición deste ano, o festival encherá a cidade de cine con proxeccións e actividades

ao longo de cinco días, do martes 18 ao sábado 22 de outubro, que terán lugar no
Auditorio Municipal do Concello, o Museo MARCO e o Cine Salesianos. A Asociación
Galega Audiovisual Inclusiva (AGAIN) organiza o VII Festival Internacional de Cine
Inclusivo de Vigo, co obxectivo de dar a coñecer, apoiar e valorar proxectos
cinematográficos realizados por e para a inclusión, a igualdade e a difusión universal da
sétima arte. O festival non sería posible sen o patrocinio e colaboración de diferentes
administracións e entidades privadas.

Breve ‘bio’ sobre Sr. Reny

Sr. Reny é o nome do estudo creativo do ilustrador e deseñador Javier Ramírez, (O
Porriño,1987). Desde moi pequeno atopouse coa cultura urbana e comezou a expresar as
súas inquietudes artísticas a través do graffiti. Inspirado por esta cultura decidiu formarse
en estudos artísticos como Técnico superior en Ilustración na escola Antonio Failde de
Ourense e Graduado en Deseño gráfico na Escola Pablo Picasso, A Coruña.
Posteriormente, desenvolveu a súa actividade en axencias de publicidade e o sector téxtil,
ata que decidiu cambiar de rumbo e centrarse enteiramente no que sempre quixo, a
ilustración e o deseño. Co paso dos anos as súas ilustracións publicáronse en medios tan
relevantes como o Washington Post, El País, etc. Creou a imaxe de eventos tan icónicas
como O Marisquiño e A Cidade Imaxinaria que se celebra na Cidade da Cultura e tamén
traballou en publicidade para marcas como Heineken, Estrella Galicia, Affinity, La Quiniela,
Joselito, Etc.

Para máis información e entrevistas:

INICIO

O Festival de Cine Inclusivo de Vigo abre o prazo de recepción de curtametraxes, longametraxes, webseries e documentais ata o 30 de xuño

A VII edición, organizada pola asociación AGAIN, celebrarase do 18 ao 22 de outubro.
A Asociación Galega Audiovisual Inclusiva ( AGAIN) organiza o VII Festival Internacional de Cinema Inclusivo de Vigo, co obxectivo de dar a coñecer, apoiar e valorar proxectos cinematográficos realizados por e para a inclusión, a igualdade e a difusión universal da sétima arte.
Ábrese o prazo de admisión de curtametraxes, longametraxes de ficción, documentais e webseries desde o 12 de abril ao 30 de xuño de 2022. A temática das curtametraxes étotalmente libre, podendo ser tanto de ficción como de non-ficción. No caso dos documentais, as longametraxes de ficción e as webseries a temática virará ao redor da inclusión co obxectivo de visibilizar todos aqueles proxectos que toquen de maneira substancial a diversidade funcional, sexual, xeracional, económica ou cultural e o que a rodea.
A duración máxima das obras presentadas será de 25 minutos no caso das curtametraxes e de 180 minutos cando se trate de documentais e longametraxes de ficción (títulos de crédito incluídos en ambos os casos). A inscrición é gratuíta. As obras que se presenten serían realizadas e/ou estreadas preferiblemente con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2021. As bases pódense consultar na web do Festival, onde os interesados poden inscribirse para participar.

X