O Festival de Cine Inclusivo de Vigo abre o prazo para que o público vote no
concurso de webseries
 Por terceiro ano consecutivo o festival lanza este concurso no que participan catro
webseries.
 Os traballos audiovisuais poden verse e votarse na web do festival ata o día 20
deste mes.

Hoxe arranca o concurso online de webseries, como antesala do Festival de Cine
Inclusivo que se celebra do 18 ao 22 deste mes en diferentes espazos da cidade. Por
terceiro ano consecutivo o festival lanza este concurso no que todo o público pode
exercer de xurado desde hoxe mesmo. Nesta edición participan catro webseries que
tratan temáticas tan variadas como o TEA, a diversidade sexual ou o rural galego.

Na web do festival (https://festivalcinevigo.es/webseries) xa se poden ver as webseries a
concurso: e a partir das 14.00 horas de hoxe venres 7 de outubro e ata o xoves 20 a
mesma hora os internautas poderán escoller a súa favorita na propia web do festival. O
sábado día 22 darase a coñecer a webserie vencedora xunto co resto do palmarés do
festival. Esta iniciativa contou cunha acollida espectacular os anteriores anos con decenas
de miles de votacións dos internautas.

WEBSERIES QUE PARTICIPAN NO CONCURSO:

Spiderman e eu de José Manuel Villar Paniagua
A vida dun neno con TEA desde un punto de vista persoal. O seu mundo interior, a súa
contorna, as súas motivacións, os seus intereses, o seu talento… É unha reflexión para
entender as diferenzas e que, á fin e ao cabo todos somos únicos e extraordinarios. Con
iso, preténdese concienciar e dar visibilidade ao autismo.

Adegas da memoria de Iago Seoane e Xosé Gago
Os episodios de Adegas dá Memoria parten dos veciños e veciñas de Vilachá para
indagar no pasado e presente da Ribeira Sacra, cun ritmo pausado e unha estética

coidada, todo acompañado pola voz poética de Olga Novo. Como parte do proxecto, está
a realizarse o primeiro gran estudo científico das orixes da Ribeira Sacra.

Cosas de chicxs de Mariano Pablo Pozzi
Serie curta de ficción de seis episodios de cinco minutos cada un, sobre temáticas
relacionadas cos Dereitos Humanos da nenez e a adolescencia. Apunta a un público
principalmente infanto-xuvenil en idades escolares, consecuentemente aos seus círculos
directos: pais e docentes.

Lisa de Raquel Barrera e Ingride Santos
Chega o día máis esperado para unha moza extraordinaria. Lisa leva anos desexando
empezar a carreira e xa chegou o día. Pero así como todo estudante comeza a carreira
queréndose comer o mundo, para Lisa, unha moza con TEA, enfrontarse á vida
universitaria pode ser como subir ao Dragon Khan.
Durante catro capítulos de cinco minutos, a amizade e as relacións cos demais
estudantes e profesoras converteranse, para Lisa nun xogo de múltiples equívocos e
situacións cómicas inesperadas. Todo cambiará cando Paula, outra estudante, entra en
escena.

Para máis información e entrevistas:

INICIO

X