▪ Como novidade, este ano o certame acolle unha sesiónespecíficade curtas arredor da discapacidade.
▪ Diseñatas, equipo de deseñadores da Fundación Igualarte, incian unha colaboraciónco festival paradeseñaromerchandising.

O Festival de Cine Inclusivo de Vigo naceu cun dobre obxectivo: concienciar sobre a necesidade de camiñar cara unha sociedade máis inclusiva e achegar o cinema a tódalas persoas. Na súa sexta edición, que se celebrará en Vigo do 12 ao 16 de outubro, o evento incorpora novidades para darlle máis espazo á diversidade dentro da programación.

Por unha banda, incorporase unha sesión específica de curtas arredor da discapacidade. Todos os traballos audiovisuais que a conforman teñen como temática a discapacidade e están audioescritos e subtítulados para facelos accesibles a persoas con problemas de audición e visión. Ademais todas as curtas de ficción que forman parte desta sesión foron realizadas con actores que teñen algunha discapacidade real. En total proxectaranse sete curtametraxes: Sin palabras de Pablo cañadas, Montebravo de Noelia Muíño, Lilith de Rafael Ramón Herrera, Sim-patía de Carlos Gómez-Mira, Por ESO de Igualarte, Un día cualquiera de Vanesa Rodríguez e À ma place de Pierre Mobeche. Esta sesión terá lugar no Museo MARCO o xoves 14 ás 17.00 horas e o acceso é libre ata completar o aforo.

Nesta edición iníciase tamén unha colaboración entre o festival e o equipo Diseñatas da Fundación Igualarte para crear o merchandising do evento. Loira, unha das integrantes de Diseñatas, creou para esta edición do festival unhas cuncas conmemorativas co debuxo dunhas pombiñas. As cuncas poderán adquirirse durante calquera dos días do festival. A Fundación Igualarte leva desde o ano 2002 achegando o arte a persoas con capacidade diferentes, na nosa cidade.

Sesión de curtas arredor da discapacidade:
Sin palabras (2020) de Pablo Cañadas. 4 min.
Raúl recibe un audio de Whatsapp. Oraro éque el éxordo, e aínda máisraro éque lloenvía súa nai.
Montebravo (2020) de Noelia Muíño. 14 min
Paula é unha nena que vive nunha aldea galega despois da Guerra Civil. Un día, mentres xoga co seu irmán Pablo, ve un homelobo no bosque. Pero, é real ou só está na imaxinación da nena? Mediante a procura dos irmáns para atopar ao licántropo, mergullámonos nunha relación chea de soidade, alegría e medo.
Lilith (2020) de Rafael de Ramón Herrera. 9 min
Antoloxía de relatos que abordan desde unha perspectiva poética as dificultades,a intolerancia e o sufrimento das mulleres con discapacidade intelectual. Centrado no implícito por enribado explícito. Trátanse temas como a maternidade, autoexploración, sexualidade, rexeitamento, culpa, desconsideración, infantilización e descoñecemento da discapacidade.
Sim-patía (2021) de Carlos Gómez-Mira. 3 min
As persoas con secuelas tras un traumatismo cranioencefálico viven a súa condición como un verdadeiro pesadelo. Grazas ao labor impagable de tódolos profesionais que traballan no proxecto Sim-patía, recobran toda a autonomía da que son capaces e xunto ás súas familias atopan un novo equilibrio.
Por ESO (2020) de Igualarte. 7 min
Evelyn é unha moza con diversidade que quere estudar o ciclo medio de mecánica. Cando vai facer a matrícula non lle deixan porque non ten o título da ESO. Como é isto posible? Evelyn cursou a ESO e, con moito esforzo, moito traballo e superando todos os obstáculos que atopou, conseguiu finalizar o ensino obrigatorio. Con todo, non lle deron o título. Contará coa axuda do seu amigo Alejandro para transitar un camiño
descoñecido e incerto.
Un día cualquiera(2020) de Vanesa Rodríguez. 5 min
Fran, un mozo con discapacidade, mostra as situacións sociais que se atopa no seu día a día. Desde coller un autobúsata saír de festa, poden ser para el momentos incómodos debido á falta de inclusión que existe a día de hoxe na nosa sociedade.
À ma place (2021) de Pierre Mobeche. 20 min
“O meu nome é Flavian. Teño 27 anos”. Con estas poucas palabras banais comeza a película, que nos dirá por que Flavian está agora confinadoa unha cadeira de rodas pero que, sobre todo, dará resposta a preguntas como: «Que é ser un mozo con discapacidade? Como é vivir nunha institución médico-social? É unha vida?”. Flavian dirixe a cámara directamente ao espectador. Desafialo, para que non eluda esta realidade á que mañá nos enfrontaremos todos. A través do exemplo persoal de Flavian, esta película explora camiños universais como os da vida cotiá das persoas que se volveron dependentes, o papel dos profesionais que as apoian, a importancia da familia, a urxencia de vivir a pesar de todo.

X