Crip Camp e Cuerdas gañan en 2020
Despois de cinco días de proxeccións e actividades ligadas ao audiovisual e a inclusión, o Festival de Cine Inclusivo de Vigo chega ao seu fin, dando a coñecer os gañadores desta quinta edición na que se proxectaron un total de 28 filmes. Crip Camp de James Lebrecht e...
Arranca o V Festival de Cine Inclusivo
Arranca a quinta edición do Festival de Cine Inclusivo de Vigo. Un dos eixos deste festival é traer a nosa cidade pezas audiovisuais que nos axuden a reflexionar de forma amena sobre a inclusión. Este ano, marcado pola crise da COVID-19 o festival quere homenaxear ao...
Votación de webseries inclusivas
O Festival de Cine Inclusivo de Vigo, que arranca a súa parte presencial a vindeira semana do martes 13 ao sábado 17, lanza o primeiro concurso de webseries online. Todo o público xa pode ver as cinco series que participan nesta primeira edición a través da web do...
Facer visible o invisible
O cinema como espazo de encontro entre o espectador e as realidades ignoradas ou descoñecidas que nos rodean no noso día a día

DOCUMENTAIS
VIG-IN DOC. Sección de documentais de temática inclusiva que visibilice a diversidade da sociedade. Na primeira edición, a sección centrouse na diversidade funcional abríndose, pouco a pouco, a todo tipo de realidades como a da diversidade sexual, cultural ou xeracional.
Listado De Documentais 2020
-Crip Camp. A disability revolution. James Lebrecht e Nicole Newnham
-Urxencias en México D.F. Luke Lorentzen
-Ara Malikian: una vida entre las cuerdas. Nata Moreno
-Carne. Camila Kater
-Un viaje inesperado. María Guerra
-Woman. Raúl de la Fuente
-Paraíso. Mateo Cabezas
-Otra forma de caminar. Laura Torrijos-Bescós
-El monstruo invisible. Javier Fesser y Guillermo Fesser
CURTAMETRAXES
O Festival de curtametraxes foi a primeira sección da mostra na que se buscaba facer accesibles obras audiovisuais curtas. Achegándoas ao público en xeral e ás persoas con dificultades auditivas a través do subtitulado como para as persoas con dificultades visuais coa Audiodescrición. Desta maneira, trabállase para conseguir que o cinema chegue a novos públicos.
Listado De Curtametraxes 2020
-Homomaquia. David Fidalgo
-Para sempre, Malévich. Antón Veiga
-Orquesta Los Bengalas. David Valero Simón
-Operación R.A.E. Borja Álvarez
-El método PIGS. Borja Kozlov
-Xoves de comadres. Noemí Chantada
-There will be monsters. Carlota Pereda
-Loca. Maria Salgado Gispert
-Polter. Álvaro Vicario



COÑECE! SECCIÓN DE ESCUELAS
Sección dedicada a que os estudantes das escolas reflexionen a través do cine sobre realidades que malia estar todos os días en contacto con elas non comprenden ou non repararon nelas. Desta maneira, a sección intenta previr comportamentos excluíntes nas escolas como o acoso, a non integración do alumnado con necesidades especiais ou a incomprensión da diversidade.
LONGAMETRAXES DE FICCIÓN
O Festival abre en 2020 unha sección competitiva de longametraxes de ficción con temática inclusiva para reflictir a a diversidade da nosa sociedade. Desde o inicio do Festival houbo sempre proxeccións de películas. O primeiro ano o filme foi «Cinco puntos sobre Emma» de Roberto Pérez Toledo, primeiro director nomeado a un Goya que visitou o Festival; na segunda edición «100 metros»; na terceira, «Campeones» de Javier Fesser ao que acompañaron na presentación o seu produtor Luis Manso e os actores, Alberto Nieto e Sergio Olmos e na cuarta, o filme «Sordo» de Alfonso Cortés-Cavanillas.
Listado De LONGAmetraxes DE FICCIÓN 2020
-Bailando entre a néboa. Ignas Jonynas
-Cuerdas. José Luis Montesinos
-Remember me. Martín Rosete


WEBSERIES
Desde a I edición o Festival de Cine Inclusivo de Vigo deulle un espazo á presentación de webseries inclusivas con charlas cos seus creadores. Na V edición ábrese unha sección competitiva para seguir apoiando os creadores que apostan por Internet como unha fiestra aberta na que chegar ao público.
Listado De WEBSERIES 2020
-Amor superdotado. Roberto Pérez Toledo
-Enfermedades raras. Jorge Cameselle, Teresa Calheiros-Cruz e Lucía Cameselle
-Hasta la vista! Álex Cancelo
-Indetectables. Asociación Apoyo Positivo
-#Sitcom. Iago González (Proxecto Máscaras)
OS NOSOS PATROCINADORES











colaboradores









